O delegado da Xunta clausurou na Mancomunidade de Concellos do Ribeiro o obradoiro de emprego ‘Ribeiro Emprende II’

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá á Mancomunidade de Concellos do Ribeiro para clausurar o obradoiro de emprego ‘Ribeiro Emprende II’ no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investiu 509.987 euros en formar 20 alumnos nos módulos de conservación e mellora dos montes e albanelería.

Lembrou que a provincia de Ourense acollerá 14 novos obradoiros duais de emprego, 89 en Galicia, na convocatoria 2023-2024 que permitirá aos concellos, mancomunidades e organizacións sen ánimo de lucro do sector forestal realizar estas accións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desenvolveron tarefas de acondicionamento de beirarrúas e traballos de silvicultura en Arnoia; no concello de Beade o acondicionamento de local municipal; en Cenlle acondicionaron a Fonte de Lagarellos e a Fonte de Cuñas e os seus entornos e en Cortegada desenvolveron tarefas de limpeza dos depósitos de Auga O Pazo, A Tapada, Carballal, Cortellas, Ollo de Boi; das depuradoras do Balneario e da Ponte, e das fosas sépticas.