Novo triunfo para Iván Picallo, esta vez no slalom de Laracha

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Iván Picallo, aos mandos do seu habitual Citroën Saxo, foi o vencedor da primeira edición do Slalom de Laracha, oita proba puntuable para o Campionato Galego da modalidade celebrado o sábado 4 de novembro cunha climatoloxía adversa.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Picallo, un dos mellores especialistas autonómicos, fixo valer o mellor crono marcado na primeira manga oficial para superar a todos os seus rivales nunha cita na que se anulou a segunda manga de adestramentos polo mal tempo que se está a rexistrar en Galicia.

A continuación de Picallo, a máis de 11 segundos do vencedor da proba clasificouse Aitor Coto, mentres que a terceira posición da clasificación xeral foi parar a mans de Manuel Cabado.

Óscar Pena foi o primero dentro da modalidade de debutantes e no Trofeo Arteixo Motorsport; en iniciaición, victoria para Pablo Romero e na categoría feminina, triunfo para Mariquiña Chao.

O Campionato Galego de Slalom pechará a tempada 2023 coa celebración do Slalom de Fene o 25 de novembro.