Éxito da selección galega de hapkido, integrada por deportistas carballiñeses e ourensáns, no campionato de España

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Éxito da selección galega de hapkido, integrada por deportistas ourensáns e carballiñeses, no campionato de España desta modalidade deportiva celebrado esta fin de semana en Sevilla

ACADARON 13 MEDALLAS E O TERCEIRO POSTO COMO SELECCIÓN

O Carballiño, 6 de novembro de 2023.- Os 24 deportistas carballiñeses e ourensáns que conformaron a Selección Galega de Hapkido no Campionato de España desta modalidade deportiva celebrado este sábado pasado en Sevilla colleitaron un rotundo éxito tras lograr o terceiro posto como selección e un total de 13 medallas: 3 ouros, 3 pratas e 7 bronces.

O mérito é ainda maior se se ten en conta que é a primeira vez que Galicia compite como selección de hapkido e o fai nun honorable terceiro posto tras Andalucía, que quedou en primeiro lugar, e Cataluña, que ocupou a segunda praza.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Deportistas carballiñeses da escola de Hapkido KYO HKD do ximnasio FUNFIT,  

xunto con deportistas da escola de Hapkido do ximnasio SAM MU DOJANG da capital ourensá, conformaron por primeira vez a selección galega que acudiu a esta competición nacional e que escribiu un novo capítulo na historia do Hapkido en Galicia.  

É importante resaltar que detrás de este éxito atópase o arduo traballo dos mestres, quenes dedicaron incansables horas de entrenamento para preparar ao seu talentoso equipo. Sen embargo, o recoñecemento tamén debe extenderse ás familias dos deportistas, cuxo apoio incondicional foi fundamental para chegar tan lonxe. Asemade, cómpre destacar o apoio da Federación Galega de Taekwondo (FGT) e, especialmente, do seu presidente, Juan Carlos Eiriz, cuxa contribución ao desenvolvemento do hapkido en Galicia foi fundamental para andar o camiño cara a esta nova aventura.

Trátase, en definitiva, non só dunha celebración do hapkido ourensán e galego, senón tamén dunha testemuña do poder do traballo en equipo e do respaldo da comunidade na búsqueda dun obxectivo común.

Este logro da selección de Galicia no Campionato de España de Hapkido é un motivo de orgullo para os deportistas e as súas familias, e debería servir como inspiración para animar a máis persoas a involucrarse nesta arte marcial tan descoñecida. O hapkido non só promove a forma física e a habilidade atlética, senón que tamén fomenta a disciplina, o respeto e a autoconfianza, polo que agardamos que este acontecemento sirva como acercamento a esta modalidade deportiva tan marabillosa.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------