O circuito pontevedrés de A Magdalena, acolleu este domingo 12 de novembro a terceira e última parada do Campionato Galego de Karting, que recibiu a nada menos que 64 equipos chegados de todos os puntos de Galicia, Asturias, Portugal e Castela e León.
Un revitalizado certame autonómico que triplicou neste 2023 o número participantes e que deixou emocionantes carreiras en todas e cada unha das categorías presentes esta tempada.
Logo de rodar o sábado e de celebrar as carreiras non competitivas da modalidade pre-rookie, a xornada do domingo trouxo as competicións do resto de categorías.
Kevin García foi vencedor dentro da categoría Mini, con Alejandro Méndez e Rafael Simón acompañandoo no podio, mentres que en Mini Novel o mellor clasificado foi Adrián Cabo, que rematou na cuarta posición da xeral.
O ourensán Daniel López foi o primeiro clasificado entre os participantes da categoría Rookie, seguido de Jorge Núñez e Aroa Fernández.
Dentro da competición Júnior, victoria para Alexandre Mariño, por diante de Saúl Vaz e de Brais García.
Ylenia Domínguez foi a primeira clasificada na sempre competida categoría Sénior, seguida de Lucas Merlán e Mateo García.
Por último, entre os participantes da categoría KZ, primeiro posto para Yeray González, seguido de Guillermo Carrera (primeiro en KZ2) e Lino Collado.
Logo da celebración da terceira proba puntuable para o Campionato Galego de Karting tan só resta o fin de festa da tempada, a Supercopa que terá lugar no circuito de As Pontes os días 9 e 10 de decembro.