O concello de San Amaro organiza para esta fin de semana a segunda edición da Festa do Viño, unha iniciativa que na ce ca pretensión de enxalzar o produto local. O evento será este sábado no campo da feira, a partir das 18:30 horas. Poderanse degustar os viños novos de Anllo, San Fiz, A Sainza, Eiras, Xinzo e O Cruceiro.
Ese mesmo día, aproveitando esta celebración, tamén terá lugar o magosto popular do concello.
