O C.D. Arenteiro celebra 65 anos dende a fundación do clube

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O C.D. Arenteiro está de celebración. O 14 de novembro de 1958 fundouse o clube, nada máis e nada menos que fai 65 anos. Dende aquel entón, pasaron centos de mozos por estas cores, algúns de xeración en xeración de familias do Carballiño. Neste tempo, moitas cousas mudaron, con bos e malos momentos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nos últimos anos, o clube deu un gran salto. Dende un momento de incerteza no que parecía que non habería futuro, comezaron a medrar de novo, cun ascenso, unha Copa Federación, xogar a Copa do Rei con equipos de primeira división na súa humilde casa e outro ascenso. Este último ata o máis alto da súa historia.

Para o seu actual presidente, Argimiro Marnotes, o mellor xeito de celebrar este aniversario é pasar á terceira eliminatoria da Copa do Rei, algo que nunca antes conseguiron.