A sexta edición do trofeo Vila do Carballiño-Oreco Balgón na modalidade de libre do Club Aehde contará con 154 patinadoras de 14 clubs de toda Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A sexta edición do trofeo na modalidade de libre do Club Aehde contará con 154 patinadoras de 14 clubs de toda Galicia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

De nove da mañá a nove da noite cunha parada de dúas horas escasas para o xantar. Ese é o plan da sexta edición do trofeo Vila do Carballiño-Oreco Balgón de patinaxe na modalidade de libre individual que organiza o Club Patinaxe Aehde O Carballiño e que contará coa participación de 154 patinadoras e patinadores en representación de 14 clubs das catro provincias galegas.

No evento daránse cita os clubs Alquimia, Sarela, Ágora, Torres de Altamira, Brincadeira e Teo en representación da provincia do Coruña; Vagalume, El Olivo, Bolboreta, Tea e Covelo pola de Pontevedra, Anca pola de Lugo e os anfitrións do Aehde por Ourense.

O Trofeo Vila do Carballiño será puntuado por xuices da Federación Galega de Patinaxe, conta con patrocinio da empresa Oreco-Balgón e a Deputación de Ourense e coa colaboración do Concello do Carballiño. Será a antepenúltima cita do ano no Carballiño, xa que o 6 de decembro será a quenda para a II Copa Deputación de Roller Cros e o 22 do mesmo mes a tradicional Gala de Nadal do club.