Publicado no BOP
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/725790)
Extracto das bases e convocatoria do Concurso de decoración
de Nadal 2023.
- Obxecto
O Concello do Carballiño convoca o Concurso de decoración
de Nadal 2023 que ten como finalidade premiar o esforzo e o
traballo que realizan os/as comerciantes e hostaleiros/as para
atraer aos/ás seus/súas clientes/as. - Participantes
Poderán participar todos os establecementos comerciais e
hostaleiros do municipio, sen limitación de número ou de espazos e sen ningunha distinción por razón da súa actividade ou
titular. - Inscrición e prazo
A inscrición formalizarase por escrito presentando a documentación na sede electrónica do Concello do Carballiño (www.carballiño.gal) ou ben de forma presencial no rexistro municipal
desde o día seguinte ao da publicación do extracto da presente
convocatoria no BOP, tras a comunicación efectuada para o
efecto na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), e ata
as 12.00 horas do día 15 de decembro de 2023. - Crédito orzamentario
O importe total asignado no Orzamento municipal para esta
finalidade ascende á 900 euros con cargo á aplicación orzamentaria 3341148000, transferencias correntes de 2023.
Establécense os seguintes premios:
1.º comercio
1.º premio: 200 €
2.º premio: 150 €
3.º premio: 100 €
2º hostalaría
1.º premio: 200 €
2.º premio: 150 €
3.º premio: 100 € - Procedemento de concesión
O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva. A decisión do xurado elevarase o órgano competente para aprobalo.
A dita decisión será inapelable e publicarase entregando os premios aos/ás beneficiarios/as nos locais comerciais.
O Carballiño, 8 de novembro de 2023. O alcalde.
Asdo.: Francisco José Fumega Piñeiro