O concello de Boborás organizou este pasado domingo unha Andaina Saudable. Trátase da primeira edición e contaron con 233 participantes divididos en dúas rutas dispoñibles, unha curta de 12 quilómetros e outra longa de 20 quilómetros.
Os participante recibiron un agasallo e sorteos. Trátese dunha iniciativa que pretende infundir as rutinas de andar todos os días como hábito saudable. Esperan poder mantela no tempo, xa que a participación foi bastante alta. Dende a organización desfrutaron moito poñendo en marcha esta iniciativa e cos preparativos dos últimos cinco meses.