O grupo socialista rexistra unha emenda de substitución á moción de D.O para que se apoie a liberdade editorial, de expresión e a información plural cunha declaración institucional

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén reclaman no texto que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome cumpla a Lei 29/2005, de 29 de decembro, de Publicidade e Comunicación Institucional eliminando o uso das redes e canles de comunicación do Concello de Ourense con fins partidistas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 29 de novembro de 2023. O grupo municipal socialista do Concello de Ourense vén de presentar unha emenda de substitución á moción presentada polo grupo de goberno de Democracia Orensana por considerar que vai “en contra do honor dos traballadores e traballadoras dos medios de comunicación que xa padeceron, en máis dunha ocasión, os desplantes e faltas de respecto do alcalde”, tal e como sinala a edil e portavoz do PSdeG, Natalia González Benéitez.

Na iniciativa rexistrada para o seu debate no pleno ordinario de decembro, asinada polo tenende de alcalde, Armando Ojea, faise referencia ao gremio xornalístico con cualificativos como “carroñeros” ou “miserables”. Isto só é, segundo entenden os e as socialistas, un intento máis de distraer a atención do que realmente debería centrar o debate da sesión plenaria e unha oportunidade para presentarse como víctima daqueles medios de comunicación cuxa liña editorial non comparte ou que exercen a súa labor atendendo ao artigo 20 da Constitución Española.

Polo anteriormente exposto, os e as edís do PSdeG en Ourense rexistraron esta mañá unha emenda de substitución para que os puntos do acordo que se sometan á votación da Corporación –esperando obter o aval do resto da oposición– insten ao executivo local a apoiar, mediante unha declaración institucional, o respecto e recoñecemento ao labor dos e das xornalistas e profesionais dos medios de comunicación, así como a liberdade editorial, a liberdade de expresión e a información plural.

Tamén reclaman no texto os e as socialistas que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome cumpla a Lei 29/2005, de 29 de decembro, de Publicidade e Comunicación Institucional eliminando o uso das redes e canles de comunicación do Concello de Ourense con fins partidistas.