Bando do Alcalde do Carballiño para Instalación De Terrazas Na Vía Pública

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Fago saber que conforme ao disposto no artigo 28 da ordenanza municipal reguladora da Instalación De Terrazas Na Vía Pública Anexas A Establecementos De Hostalería Do Concello Do Carballiño  establécese tanto para renovación coma para primeira autorización,

*Primeiro. Que o prazo de presentación para a súa solicitude para o ano 2024 na denominda tempada anual será dende o 01 ao 20 de decembro de 2023.

*Segundo. O período de ocupación na tempada anual é dende o 01 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2024.

*Terceiro. Os modelos de solicitudes poderán recollerse:

–    no Departamento de Servizos Públicos

–    no Rexistro xeral do Concello

–    descargarse   na  web  do  concello  (portal  de  transparencia    /

normativa / ordenanzas e regulamentos)

Cuadro de texto: Cod. Validación: A563GE3QEFZ4QGQJ7TNWY3MHW Corrección: https://carballino.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 1
ou  ben,  tramitarse electrónicamente  a  través  da  sede  electrónica  do Concello do Carballiño dentro do apartado “información xeral”, actualmente en “tramites destacados”.

*PRODEDEMENTO: – código SIA: 2893999 – Nome do Trámite: “solicitude de renovación de licenza para a instalación de terrazas”

– código SIA: 2893998 – Nome do Trámite: “solicitude de licenza para a instalación de terrazas”.

*Cuarto. A documentación a achegar xunto coa solicitude será a recollida no artigo 27 da citada ordenanza.

*Quinto.  Presentaranse no Rexistro xeral do Concello e demais formas previstas na lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------