O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, mantiveron o pasado sábado un encontro con veciños e propietarios deste municipio, co obxectivo de afondar nas vantaxes da Lei de recuperación da terra agraria das ferramentas que nela se recollen.
José González avanzou as características deste plan:
O conselleiro do Medio Rural destacou que a Xunta destinará no vindiero ano ao redor de 13 millóns de euros para continuar impulsando os instrumentos recollidos na Lei de recuperación. Un total de 7,4 millóns de euros destinaránse aos polígonos agroforestais e ás aldeas modelo; 2,4 millóns serán para impulsar as agrupacións de xestión conxunta e 3 para proxectos vencellados a estas ferramentas, como son os planos de dinamización e outras iniciativas innovadoras.