A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ao municipio de Piñor para coñecer o novo camión adquirido polo Concello destinada á recollida selectiva de residuos, que contou coa colaboración económica de 30.000€ da Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental. Ademais desta cantidade, a Xunta tamén realizou melloras no alumeado do núcleo de Torguedo e apoiáronse os gastos de funcionamento do servizo de protección medioambiental e do espazo natural da Mancomunidade de municipios. da comarca do Carballiño, da que forman parte xunto co concello de Piñor os de Beariz, Boborás, O Irixo, Maside, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea. O investimento total nas tres actuacións ascende a máis de 47.400 euros do Fondo de Compensación Ambiental