O mes de decembro será un mes de cultura. Despois do FETEGA a pasada semana están tendo as XOCIVIGA, Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia.
A programación ofrecerá dobre proxección para mañá venres. Por unha banda, ás 17:00 horas, “Hei Buh: o Castelo Embruxado”, para os máis pequenos da casa. Despois, ás 20:30 horas, “20.000 especies de abellas”.
A novidade deste ano tamén será o concurso de pezas de tik tok, para incentivar á xente nova a participar no mundo do cine a través das redes sociais.
