Outro plan que podemos facer nestes días festivos de Nadal é achegarnos ata Cameixa, en Boborás. En concreto, os veciños de Figueiroa xa son famosos pola súa ruta de Beléns, que saen un pouco do tradicional. De xeito artesanal e con máis de oito semanas de traballo, varios veciños crearon estas decoracións ás que non lles falta ningún detalle, acompañadas por luces e tamén ambientación musical con panxoliñas.
En pasados anos atraeron a xente das catro provincias galegas, e tamén de fora, quenes puideron desfrutar do inxenio que enche de ilusión estas rúas e que consegue poñer ao rural no mapa. Quedan todos convidados a desfrutar desta obra maestra.