O Centro Integral Alvetus celebra o centenario de Peregrina Hermo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Non todos os días se cumpren cen anos e non todos os días se pode acudir á celebración dun centenario. Hoxe achegámonos ata o Centro Integral Alvetus, en Avión, onde residentes e traballadores celebraron unha festa na honra de Peregrina Hermo, a homenaxeada do día polos seus cen anos. Neste centro é a terceira vez que celebran un día tan especial coma este. Peregrina é a alegría personificada, sacando un sorriso a todos, cantando e sempre con palabras de cariño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe non faltou de nada: canto e baile, moitas fotos, tarta e tamén se soplaron as velas co seu desexo incluído. Peregrina pide ter a saúde que ten agora para seguir celebrando. E dende aquí desexamos que este desexo se cumpra, e que siga sumando moitos anos máis. Feliz cumpreanos Peregrina!