O torneo solidario da Escola Terras de Maside recada máis de 400 euros para Aspadisi

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Como cada Nadal dos últimos cinco anos, a Escola de Fútbol Terras de Maside organizou un torneo solidario ca finalidade de recadar alimentos e xoguetes. Neste caso, a recadación obtida o pasado sábado será doada á Aspadisi. Vendéronse todas as rifas, cunha cantidade obtida de máis de 400 euros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O torneo enfrontou no Outeiro Grande ao Ribadavia Atlético, a Escola de Fútbol de Lalín, o C.D Cea e a propia Escola Terras de Maside.

Os equipos participantes colaboraron ca entrega de alimentos, e ademais, aínda que non é un evento competitivo, tamén houbo algún agasallo para os participantes.