A Xunta mellorá a cuberta íntegra do CEIP de Castrelo de Miño para o vindeiro curso

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe o CEIP de Castrelo de Miño para informar da licitación da reforma integral da súa cuberta. Suporá a mellora do edificio principal, do anexo e tamén do apartado de aparcamento, complementando os traballos feitos na parte posterior do centro. O importe deste proxecto ascenderá a 218.000 euros e contempla unha mellora que redundará en maior eficiencia enerxética. A previsión é que as obras comecen na primaveira e rematen para o próximo curso.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde, Avelino Pazos, destacou que era unha demanda que se remontaba ao ano 2020 e que hoxe, con esta licitación, faise realidade unha mellora par ao centro educativo.