O vicepresidente primeiro, Diego Calvo, analiza proxectos futuros con Carballeda de Avia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, realizou unha visita institucional ao concello de Carballeda de Avia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Aproveitaron esta visita para supervisar os traballos feitos en canto a eficiencia enerxética, e para falar de proxectos futuros.

O alcalde, Luis Milia, agradeceu a colaboración recibida por parte da Xunta de Galicia nos proxectos do centro educativo e do pavillón, que conta con novos vestiarios, cun orzamento para ambos proxectos que alcanzou os 300.000 euros.