O antigo colexio de Maside acolle o tradicional belén artesanal que confecciona María Jesús Nóvoa dende hai nove anos e que neste Nadal ten unha moi especial adicación á vila do Carballiño. Son un total de 90 metros cadrados nos que destaca unha reprodución do templo da Veracruz, unha escolma de establecementos comerciais de ámbolos dous municipios e como mención especial o emblema deste municipio: a súa feira.
A autora desta extraordinaria obra de arte, María Jesús Nóvoa, explicounos as características da instalación.
Está ubicado na Casa Grande de Maside dende o día 25 de decembro e pechará despois de reis. O horario é de tarde, de 16:00 horas ata 19:00 horas, aínda que se hai xente pode ampliarse máis sen problema.