A oficina rural de Ribadavia rematou as súas obras de reforma cun investimento total de máis de 140.000 euros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • Acometéronse diversas obras de mellora en materia de climatización e carpintería exterior, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións
  • A oficina sitúase no concello ourensán e dá servizo a toda a veciñanza dos municipios da comarca do Ribeiro

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2024.- A Oficina Rural de Ribadavia vén de rematar as obras de reforma da súas instalacións, unha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural para a que se destinou un orzamento total de 142.582,11 euros.

Esta oficina, que dá servizo aos concellos que integran a comarca do Ribeiro, mellorou as súas instalacións con novo mobiliario e acondicionamento do interior, con climatización a través dun sistema de aerotermia e coa renovación da súa carpintería exterior. O obxectivo destas actuacións é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina.

COMERCIAL ORCELLÓN

As súas instalacións atópanse na rúa Redondela da vila, onde comparte espazo co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro. Nelas, préstase atención xeral á cidadanía na materia que lle compete, ademais de servizos agrarios, con especial atención á viticultura, e tamén veterinarios.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------