O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso ofrecerá unha dobre programación. Por unha banda, poderemos desfrutar de “Wonka”, baseada no personaxe que protagoniza ‘Charlie e a fábrica de chocolate’, o libro infantil máis emblemático de Roald Dahl, conta a historia do maior inventor, mago e chocolateiro do mundo. Narra a historia do querido Willy Wonka que coñecemos hoxe, centrándose na súa mocidade e como coñeceu a un Oompa-Loompa nunha das súas primeiras aventuras. Poderase ver o venres e sábado ás 16:00 horas.
Por outra banda, teremos “Honey moon”. Eva e Carlos son un matrimonio en destrución, unha parella en ruína. Xa nada os une, ata que unha circunstancia inesperada os leva a emprender unha viaxe xeográfica e emocional para conseguir cartos para remediar unha situación que lles cambiou a vida. Poderase ver o sábado e o domingo ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.