Relación de locais e lugares públicos que se reservan para realizar actos de campaña electoral para as eleccións ao Parlamento de Galicia , correspondentes á Xunta Electoral de Zona do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

PUBLICADO HOXE NO BOP:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En O Carballiño a, 8 de xaneiro de 2024.
Na Sala de Audiencias dos Xulgados de O Carballiño, reúnese
a Xunta Electoral de Zona do Partido Xudicial de O Carballiño,
presidida por Dona Mónica Sotelo Cao, Xuiza do Xulgado de la
Instancia e Instrucción núm. 2 de O Carballiño, actuando como
Secretario, Don José Luis Rodríguez Jácome, Letrado de la
Administración de Justicia del Juzgado de la Instancia e
Instrucción núm. 2 que actúa por substitución no Xulgado n.º 1

  • Decano de O Carballiño, e estando presentes todos os demais
    membros que componen esta Xunta, acordándose o seguinte:
    Polo Sr. Secretario desta Xunta dase canta dos oficios remitidos polos respectivos Concellos, comunicando os lugares que
    cada un deles ten reservado para a colocación de propaganda
    electoral e os reservados para a celebración de actos de campaña electoral, sendo os que a continuación se relacionan:

  • Concello de Beariz
    Locais reservados para a realización gratuíta de actos de campaña electoral.
  • Centro social de Os Liñares, en horario de 9 a 22 horas.
    Lugares para a colocación de propaganda electoral con motivo das vindeiras eleccións:
  • En Beariz: Campo da feira de Muradás.
  • En Doade: Campo da feira de Doade.

  • Concello de Boborás
    O lugar reservado para a fixación de propaganda electoral con
    motivo das vindeiras eleccións é:
  • O recollido nos paneis situados na alambrada do CEIP “Nosa
    Señora de Xuvencos”.
    Os lugares públicos que se reservan para a realización gratuíta
    de actos de campaña electoral neste termo municipal serán:
  • O Pavillón municipal de deportes.
  • Campo da festa de Feás.
  • Campo da Saleta.
  • Campo da festa de Moldes.
  • Campo da festa de Cameixa.
  • Campo da festa de Laxas.
  • Edificio Socicultural Manuel Chamoso Lamas.
    Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 8 · Mércores, 10 xaneiro 2024 3
    Co fin de poder facilitar a apertura do pavillón, rogamos que
    se nos comunique o seu uso polas distintas agrupacións políticas
    coa debida antelación chamando o teléfono do Concello
    988402008 (fax 988402108) en horario de oficina (de 8:00 a
    15:00 horas).

  • Concello de O Carballiño
    Emprazamento para a colocación de carteis propagandísticos
    da vindeira campaña electoral:
    1.- En relación á colocación de carteis de papel ou material
    similar sobre soporte de madeira ou similar, serán colocados en
    diversos puntos de espazos públicos, tanto en casco urbán
    como nas zonas rurais, puntos suficientes dos que da súa ubicación terán coñecemento os responsables dos partidos políticos
    ou agrupacións que participen nestas eleccións. En concreto se
    colocarán nos seguintes lugares públicos:
  • Praza Maior do Carballiño (na parte de abaixo e na parte da
    rúa principal).
  • Praza Emilia Pardo Bazán.
  • No muro que rodea o colexio Calvo Sotelo.
  • No muro que rodea o colexio Campo da Feira.
  • Na varanda da Praza de Abastos.
  • No parque infantil da avda. Compostela.
  • No cruce da estrada Astureses coa subida á Saleta.
  • En tódalas parroquias, nos lugares máis visibles, ou no
    campo da festa ou na praza da Igrexa: Arcos, Banga, Varón (San
    Fiz), Cabanelas, Santa Uxia de Lobás, Longoseiros, Madarnás,
    Mesego, Mudelos, Partovia, A Piteira, Ponte Veiga, Sagra,
    Señorín, Seoane.
    Queda prohibida a colocación deste tipo de publicidade fora
    dos lugares indicados.
    2.- En relación á utilización de farois, autorizase nos situados
    nas rúas 25 de Xullo, Francisco Castelló, estrada de Ribadavia
    e avda. Compostela.
    Queda prohibida a colocación de publicidade nos farois, postes
    ou similares fora dos lugares indicados, e expresamente prohibida
    a colocación de publicidade nos elementos de fundición.
    3.- En relación á colocación de publicidade como pasarrúas,
    autorizase nas seguintes: avda. Julio Rodríguez Soto, Conde
    Vallellano, Calvo Sotelo, Martínez Avellanosa, rúa Principal
    (Rosalía de Castro e Tomás Mª Mosquera), Curros Enríquez e
    Marcelino Parrondo. Cun máximo dunha pancarta por partido
    ou agrupación política e rúa.
    Queda prohibida a colocación de publicidade fora dos lugares
    indicados e expresamente prohibida a colocación no medio rural.
    Locais oficiais e lugares públicos reservados para realización
    gratuíta da campaña electoral:
  • Salón de actos da casa da cultura.
  • Escola da Piteira, Laborada, Veiga, Madarnas e Banga.
  • Multifuncional – auditorio Manuel María.
    Así mesmo, en caso de vehículos (autobuses, caravanas, etc.)
    ou stands con propaganda electoral, deberán solicitar permiso
    no departamento de servizos públicos e de Policía Municipal
    deste Concello.

  • Concello de Maside
    Para a colocación de carteis:
  • Para a colocación de carteis, utilizaranse os tablóns que a
    tal efecto situará este Concello o lado da Casa Consistorial.
    Lugares asinados para a celebración de actos públicos de propaganda electoral:
    -En Maside, a Casa da Cultura e o pavillón Municipal, e o edificio escolar sito na alameda de Maside, e nos demais pobos do
    Municipio, os locais públicos de prestación social (Casas escola,
    centros de cultura, etc…).
    Como lugares abertos: a Praza Maior de Maside e a Praza de
    Santa Mª de Dacón (a beira da Igrexa).
    En relación cos días e horas para actos electorais, que por
    parte desta alcaldía, proponse como días todos os da semana,
    e o horario, será de 10:00 a 24:00 horas, debendo de comunicalo con antelación suficiente nas oficinas do Concello, para
    prover do que sexa necesario.

  • Concello de O Irixo
    Relación de lugares especiais gratuítos para a colocación de
    carteis e, no seu caso, pancartas e carteis colgados a postes ou
    farois polo sistema de bandeirolas, os seguintes:
  • Muros de peche do campo de fútbol – estrada de Orros.
  • Postes do alumeado público.
  • Contenedores de lixo.
  • Marquesiñas.
    Locais actos electorais: (Escola da Lama – A Lama; Colexio
    Virxe da Sela – A Ponte; Centro A Bullada – Parada; Escola de
    Dadín – Dadín).
    Relación de locais oficiais e lugares públicos de uso gratuíto
    para a celebración dos actos da campaña electoral:
  • Praza Manuel Penedo – A Ponte.
  • Escola de Dadín – Dadín.
  • Escola de Carballeda – Carballeda.
  • Area recreativa As Laxas.
  • Carballeira de A Lama – A Lama de Campo.
  • Carballeira Pena da Sela – Pena da Sela.

  • Concello de Piñor
    Emprazamentos para colocación de carteis electorais:
  • Praza de Cotelas.
  • Praza de Arenteiro.
  • Praza de Piñor.
    Non se permiten nas marquesiñas de cristal de todo o
    Concello, nos armarios dos cadros da iluminación pública, nos
    farois de fundición de Piñor, nin nos da praza do Concello e
    tampouco nos colectores de lixo.
    Locais e lugares para celebración de actos de campaña electoral:
  • Local: centro social Albarona – Piñor.
  • Lugar: Praza de Arenteiro – Piñor.
    Tódolos días, en horario de 9:00 a 23:00 horas.

  • Concello de Punxín
    Lugares de emprazamento gratuíto dispoñibles para a colocación de propaganda electoral:
  • Recinto escola nova en Punxín.
    Locais oficiais destinados para a realización de actos de campaña electoral:
  • Punxín – local escola nova.
  • Vilamoure – centro social.
  • Ourantes – centro social.
  • Freás – casa da cultura.

  • Concello de San Amaro
    Relación de espazos reservados para a colocación de carteis
    durante a campaña electoral:
    Nas catro caras dos muros exteriores dos seguintes edificios
    de propiedade municipal:
  • Antigo edificio escolar de Anllo.
  • Antigo edificio escolar de Navio.
    4 Boletín Oficial Provincia de Ourense n.º 8 · Mércores, 10 xaneiro 2024
  • Antigo edificio escolar de Grixoa.
  • Antigo edificio escolar de Salamonde.
  • Antigo edificio escolar de Eiras.
    Así mesmo poderanse colocar carteis, facilmente desmontables, en todos os postes do tendido eléctrico de propiedade
    municipal e nas vallas publicitarias habilitadas ao efecto.
    Relación de locais para a celebración de actos de propaganda
    durante a campaña electoral:
  • Parroquia de Anllo: centro social. Capacidade entre 50 e 60
    persoas. Utilizable tódolos días habilitados para a campaña
    electoral, desde as 18:00 ata as 22:00 horas.
  • Parroquia de Navio: centro social. Capacidade entre 30 e 40
    persoas. Utilizable tódolos días habilitados para a campaña
    electoral, desde as 18:00 ás 22:00 horas.
  • Parroquia de Las: centro social. Capacidade entre 50 e 60
    persoas. Utilizable tódolos días habilitados para a campaña
    electoral, desde as 18:00 ás 22:00 horas.
  • San Amaro (capitalidade): centro de saúde. Capacidade
    entre 30 e 40 persoas. Utilizable tódolos días habilitados para
    a campaña electoral, desde as 18:00 ata as 22:00 horas.
  • Parroquia de Salamonde: centro social. Capacidade entre 50
    e 60 persoas. Utilizable tódolos días habilitados para a campaña electoral, desde as 18:00 ata as 22:00 horas.

  • Concello de San Cristovo de Cea
    Lugares reservados para a colocación gratuíta de carteis de
    propaganda electoral:
  • Campo de deportes de “O Lodairo”, o longo de todo o seu
    peche, así como as rúas da capitalidade municipal e demais
    núcleos do Concello.
    Locais oficiais para celebración de actos de propaganda electoral:
  • Local social do campo municipal de deportes de “O
    Lodairo”, previa petición.
    Lugares abertos ó uso público para a celebración de actos de
    propaganda electoral:
  • A praza maior da Vila de Cea, así como os espazos destinados
    a campos de festexos de todas as parroquias do Municipio.
    Datas e horarios:
    Data: durante tódolos días da Campaña Electoral.
    Horario: De 10:00 a 24:00 hora