A Garda Civil intercepta a un condutor que circulou en sentido contrario durante 5 quilómetros pola autovía das Rías Baixas.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, interceptou na tarde do mércores na autovía A52, á altura do quilómetro 160, termo municipal de Verín, a un vehículo que circulaba sentido Benavente polos carrís reservados ao sentido Vigo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sobre a 15:15 horas, a central operativa de tráfico avisaba da circulación dun vehículo en sentido contrario pola autovía A52, á altura da zona de Verín. Activado o protocolo establecido para o efecto, os Gardas Civís lograban interceptalo preto da saída de Verín. O condutor, que presentaba síntomas de desorientación, manifestou non acordarse do lugar concreto no que accedera á autovía, lanzando taxa negativa de alcol. Reiteradas chamadas ao 112 avisaran da circulación do devandito vehículo entre as saídas das localidades de Villaza e Verín, polo que polo menos percorrería entre 5 e 6 quilómetros en sentido contrario.

As rápidas actuacións dos Gardas Civís lograron evitar as nefastas consecuencias que a perigosa acción puido orixinar dado o gran volume de circulación no momento dos feitos. Ao condutor, un home octoxenario veciño da zona, trasladóuselle en ambulancia ao hospital de Verín e retiróuselle o vehículo da vía con posterior entrega do mesmo a uns familiares. Pola conduta descrita, a Garda Civil procedeu a confeccionar denuncia administrativa por tales feitos, así como a aprensión provisional do permiso de condución e a proposta da perda de vixencia do mesmo por carencia de aptitudes psicofísicas.