A Deputación de Ourense fai posible a reforma da cuberta e acondicionamento das fachadas da Casa de Cultura de Maside

Reunión Luis Menor Pérez (Presidente da Deputación Ourense) con Jose Manuel Iglesias Araujo (Alcalde de Maside).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense fai posible a reforma da cuberta e o acondicionamento das fachadas do edificio que alberga a Casa de Cultura de Maside. Así o salientou o presidente da Deputación, Luis Menor, durante o encontro de traballo que mantivo no Pazo Provincial co alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, para repasar as actuacións levadas a cabo en colaboración coa institución provincial. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Durante a xuntanza, Luis Menor lembrou que o Concello de Maside percibirá máis de 800.000 euros ao longo do mandato 2023-2027 a través do Plan CooperOU. Tamén analizaron posibles liñas de cooperación para futuras actuacións en materia de infraestruturas deportivas e viarias do municipio.