350 deportistas disputarán o Campionato Galego de Inverno en K2-C2 Xunta de Galicia en Castrelo de Miño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

350 deportistas disputarán o Campionato Galego de Inverno en K2-C2 Xunta de Galicia en Castrelo de Miño 

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, coñeceu hoxe no Pazo Provincial os detalles desta competición deportiva que se celebrará mañá sábado, 20 de xaneiro 

COMERCIAL ORCELLÓN

Ourense, 19 de xaneiro de 2024.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, coñeceu hoxe no Pazo Provincial os detalles do Campionato Galego de Inverno en K2-C2 Xunta de Galicia que se disputará mañá sábado, 20 de xaneiro, en Castrelo de Miño. A proba reunirá a 350 deportistas procedentes de 28 clubs de toda Galicia que competirán nas categorías Sénior e Xuvenil.  

Trátase da primeira regata que dará comezo a esta tempada e que servirá, ademais, como preparatoria para o Campionato de España de Fondo. Cabe destacar que nestas regatas de Fondo, Galicia atesoura 28 medallas mundiais e europeas que dan boa conta do gran nivel que teñen os deportistas galegos desta disciplina.  

Na presentación deste evento deportivo tamén estiveron o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o alcalde e o concelleiro de Deportes de Castrelo de Miño, Avelino Pazos e Jose Antonio Ferreiro, respectivamente; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; e o presidente do Club Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Pedro Andrés García.  

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------