A Deputación aproba achegas a municipios, entidades e asociacións por importe de 509.000 euros, así como as bases da convocatoria de axudas para ciclos e festivais

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense. Asisiten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A xunta de goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria desta mañá, vén de aprobar as bases da convocatoria do concurso para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas do ano 2024, cun importe total de 60.000 euros. 

Tamén foron aprobadas achegas diversas por un importe de 449.000 euros. Así, adicadas á cooperación cos municipios durante este ano 2024, ao Concello de Avión concédenselle 51.000 euros para gastos de funcionamento e mantemento da escola infantil. Pola súa banda, o Concello de Ribadavia percibirá unha axuda de 30.000 euros para a Mostra Internacional de Teatro. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En materia de colaboración con diversas entidades e colectivos da provincia, a Deputación vén de concederlle unha achega ao Club Ourense Baloncesto SAD para gastos de funcionamento e mantemento por un importe de 250.000 euros. Ao Club Deportivo Cultural Ribeiro concédenselle tamén 40.000 euros. Outras entidades que percibirán axudas para gastos de funcionamento son o Liceo Ourense (26.000 euros); a Fundación Curros Enríquez (26.000 euros); a Fundación Protección Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín (21.000 euros); e a Asociación Cultural da Castaña (5.000 euros).