O concello de Boborás organizou onte domingo a 23ª edición do Cross. Trátase dunha proba consolidada dentro deste ámbito deportivo cun percorrido de 7.400 metros, 4.500 metros e 700 metros, respectivamente segundo as categorías.
Este ano foron 162 persoas as que se animaron a participar nesta proba, que tivo a súa saída dende o edificio multiusos de Boborás. Son moitas as persoas que repiten ano tras ano, aínda que tamén houbo algún principiante nesta pista, pero non na disciplina.
Ao remate da proba ademais da entrega de premios ofreceron chocolate quente con queique. Todos os participantes recibirán un obsequio conmemorativo.