O concello de Piñor pon en marcha un servizo de conciliación para o Entroido

O Concello de Piñor informa da posta en marcha do PROGRAMA DE ACTIVIDADES INFANTÍS PIÑOR CONCILIA “DIVERENTROIDO”, unha alternativa para a conciliación da vida familiar e laboral que consiste en actividades diarias para cativos de 4 a 13 anos de idade. Levaranse a cabo o luns 12 e o mércores 14 de febreiro  (o martes 13 non habería actividade por ser unha festividade local). As nenas e nenos participantes poderán desfrutar de xogos variados e manualidades.

O período de inscrición será dende o 23 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024.

AVANTAR ACTIVIDADES

En Servizos Sociais ofrécese máis información e a documentación para formalizar a inscrición, que seguirá as bases que foron publicadas por resolución de alcaldía, e que poden consultarse na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do propio concello.