O Bng de Leiro denuncia a presenza dunha colonia de gatos o carón do colexio publico “Emilia Pardo Bazán”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o Bng de Leiro denunciamos a presenza dunha colonia de gatos o carón do colexio publico “Emilia Pardo Bazán” provocando condicións insalubres para os cativos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tanto os mestres como os pais dos nenos levan dende o pasado setembro informando o concello deste feito, pedindo a retirada dos contenedores de basura pegados a dito edificio, xa que os gatos van a estes na búsqueda de comida. Estes feitos están indo a peor, estando a instalación chea de escrementos dos animais, e incluso algúns gatos teñen quedado encerrados dentro do edificio, dentro das clases, deixando un olor insoportable e restos de defecacións, así como dentro dos armarios onde cativos gardan as súas pertenencias.

No último pleno de decembro, fixemos un rogo para que se tomaran as medidas necesarias para o control de dita colonia, así como o cambio do areneiro do colexio, cheo de oríns de ditos animais, que a dia de hoxe os cativos non poden usar e segue sen tomarse ningunha medida a respecto.

Por eso instamos o concello que traslades os contenedores canto antes desa localización. E informe a deputación de Ourense, coa cal teñen firmado un convenio para a xestión de animais domésticos, e que en casos como este que afectan a saúde púbica deben colaborar co concello para solventalo.