O Cine Club Proxecta este venres “El maestro que prometió el mar”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este venres día 26 proxectamos no auditorio Manuel María do Carballiño a película española El maestro que prometió el mar, dirixida por Patricia Font, e baseada na novela de Francesc Escribano.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O filme conta a historia real de Antonio Benaiges, mestre na República  que foi represaliado tralo golpe de estado fascista. A novela xa fora adaptada ao teatro con enorme éxito, e Patricia Font consigue unha película cargada de emocións,  cunha magnífica ambientación a partir dun guión moi calibrado e medido.

O traballo do equipo foi recoñecido cunha magníficas críticas, unha moi boa acollida do público e con cinco nominacións nos próximos Premios Goya. Os pases serán ás 20:00 e ás 22:30 horas.