O concello adxudica a unha empresa da Coruña a reparación do reloxo da casa consistorial cuxa máquina data de 1863

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño ven de adxudicar o arranxo do reloxo que corona a torre máis alta da casa consistorial. Será unha empresa de A Coruña especializada neste tipo de elementos a encargada de reparalo e poñer en marcha de novo este elemento, cuxa maquinaria data de 1863. O arranxo terá un prazo de execución de seis meses, logo dos cales estará de novo en funcionamento.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Antonio Iglesias Abelleira é o autor do reloxo municipal que foi colocado en 1864 nunha torre cúbica. Sobre esta torre construíuse unha especie de simple templo de ferro para albergar e colgar a campá do reloxo, como se pode ver na fotografía que precede ao comezo desta historia.