O líder do PP na segunda cidade máis poboada de Ourense (O Carballiño), Lino González abandona a politica no segundo día de campaña electoral

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A noticia, desvelada xa por diversas fontes, foi confirmada polo ata hoxe portavoz municipal.
Lino González accedía como Independente ás pasadas eleccións municipais cun equipo totalmente renovado, esixencia do presidente da executiva municipal Argimiro Marnotes, iniciándose unha renovación do partido, que conseguiría 5 concelleiros, 2244 votos, subir un concelleiro e 600 votos con respecto aos anteriores comicios municipais, quedando de segundos a 380 votos de gañar as eleccións, rompendo así a maioría do grupo socialista que baixaría de 9 a 6 concelleiros.
O Portavoz municipal do PP no Concello do Carballiño, Lino González, por motivos persoais, abandona a política reincorporándose á súa actividade profesional.
Lino Gonzalez presentou a súa renuncia á súa acta de concelleiro así como a súa renuncia como asesor na Deputación de Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO