Castrelo acolleu o comezo da tempada de Remo Olímpico con dúas competicións

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Castrelo de Miño acolleu esta fin de semana as primeiras regatas nacionais de Remo da tempada: o Campionato de España de Longa Distancia e o Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Ambas competicións disputaranse nas instalacións do Parque Náutico de Castrelo, traendo á provincia de Ourense aos mellores deportistas do remo nacional e converténdoo no epicentro do deporte acuático como instalacións de renome a nivel nacional. A néboa foi a protagonista en boa parte da xornada, aínda que as temperaturas foron altas para esta época do ano. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estaban inscritos máis de 500 deportistas procedentes de 55 clubs para participar na proba de longa distancia que se disputou o sábado con embarcacións individuais e dobres, e case 600 pertencentes a 8 autonomías para o Campionato por Seleccións Autonómicas que se disputou en embarcacións de 4 e de 8 tripulantes na xornada do domingo. Os deportistas competiron nas categorías de: cadete, xuvenil e absoluta, tanto masculina como feminina.

Dende as Federacións de todas as comunidades autónomas españolas desprazáronse ata O Ribeiro para esta proba, moitos repetindo nestas augas, na que afrontaron con todas as gañas as probas disputadas. 

Dende a Federación Española de Remo destacan a ubicación de Castrelo como idónea para a celebración de regatas, así como o bo nivel que se puido ver esta fin de semana.