O Novo Cine de Leiro ofrece unha dobre programación esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso ofrece unha dobre programación. Por unha banda, “Patrick”, unha valente e adorable bolboreta dunha soa ala chamada Patrick escóndese nun remolque para facer a viaxe da súa vida. Co seu mellor amigo, unha eiruga chamada Marty, e Jennifer, unha bolboreta que teme as alturas, Patrick converterase nun heroe inesperado. Poderase ver mañá vernes ás 18:00 horas e o sábado e domingo ás 16:00 horas. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Por outra banda, “La piscina”. Ray Waller, unha estrela do béisbol obrigada a xubilarse anticipadamente por mor dunha enfermidade dexenerativa, trasládase a unha nova casa coa súa muller Eve, a súa filla adolescente Izzy e o fillo novo Elliot. Pero un escuro segredo do pasado da casa desatará unha forza malévola que arrastrará a toda a familia ás profundidades insondables do terror máis asfixiante. Poderase ver o venres ás 20:00 horas e o sábado e o domingo ás 18:00 horas e ás 20:00 horas.