20 de febreiro: ” Día mundial da Xusticia Social”

Celébrase desde 2007. Nun mundo no que a economía afecta directamente os sistemas ecolóxicos de subsistencia, hai que traballar para que a xustiza social sexa unha realidade. O crecemento económico non ten sentido se non redunda no benestar real e sostible.

O obxectivo da celebración do Día Mundial da Xustiza Social é apoiar o labor da comunidade internacional encamiñada a erradicar a pobreza e promover o emprego pleno e o traballo decente, a igualdade entre os sexos e o acceso ao benestar social e a xustiza social para todos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Máis información en https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-mundial-justicia-social

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

20 de febreiro: 1951
Nace en Glasgow (Reino Unido) Gordon Brown, que será primeiro ministro de Gran Bretaña a partir de xuño do 2007 ata xuño de 2010 polo Partido Laborista.

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

20 de febreiro: 1920
Falece en Washington (EE. UU.) Robert E. Peary, explorador estadounidense e primeiro en chegar ao Polo norte, o 6 de abril de 1909, aínda que hoxe esta fazaña expón certas dúbidas.
1790
Falece en Viena (Austria) o emperador do Sacro Imperio Romano Germánico, José II, que comezou a reinar xunto á súa nai en 1765, pero non obtivo o goberno efectivo ata a morte desta en 1780, á que sucedeu como rei de Hungría e de Bohemia.

SANTORAL

20 de febreiro: Tiranión, Silvano, Peleo, Nilo, Eleuterio, Sadot, León, Euquerio, obispos; Dídimo, Potamio y Nemesio, mártires; Zenobio, presbítero