A Consellería de Cultura adxudica as obras de “Ampliación e mellora da biblioteca pública de Beariz”, cun orzamento de 48000€

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Consellería de Cultura vén de adxudicar á empresa Consanor as obras de “Ampliación e mellora da biblioteca pública de Beariz”, cun orzamento de 48000€.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As actuacións previstas son as seguintes:

  1. Cambio das fiestras na zona que ocupa a biblioteca e tamén na zona adicada hoxe a almacén e que se pretende incoporar á bilbioteca. Utilizaranse fiestras de dobre folla con rotura de ponte térmica e persianas de aluminio a efectos de evitar perdas de calor.
  2. A envolvente térmica vai mellorarse na zona de ampliación xa que se colocará un novo falso teito.
  3. Instalación dun sistema de calefacción independente do CEIP Beariz mediante unha estufa fe pellets con saída ó exterior mediante cheminea de aceiro, conectada ao circuito de radiadores existentes que se indepdendizarán do resto do edificio tendo un funcionamento autónomo.
  4. Reforma do acceso exterior á biblioteca  realizando unha rampa de acceso para as persoas con mobilidade reducida.

A biblioteca inaugurada no ano 2000, atópase ubicada no recinto do colexio público e ten un horario de apertura ao público dende as 9 ás 14 horas de luns a venres.