Convocatoria para a contratación laboral temporal dun/unha
(1) chofer operario/a e un/unha (1) operario/a de servizos múltiples mediante o sistema de concurso-oposición
Unha vez aprobadas as bases reguladoras da selección para a
cobertura con carácter laboral temporal dun/unha (1) chofer
operario/ e un/unha (1) operario/a de servizos múltiples,
publícase resumida a convocatoria para o coñecemento xeral:
- Número e denominación do posto: un/unha (1) chofer operario/a e un/unha (1) operario/a de servizos múltiples.
- Modalidade de contratación: laboral temporal de duración
determinada a xornada parcial. - Sistema de selección: concurso-oposición.
- Bases da convocatoria: publicadas integramente no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello https://castrelo.sedelectronica.gal
- Prazo e lugar de achega de solicitudes: cinco (5) días hábiles que contarán a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro Xeral do
Concello de Castrelo de Miño, en horario de 08.30 a 15.00
horas; na sede electrónica do Concello ou a través de calquera
dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común.