En torno ás 10:30 horas desta mañá, tiña lugar unha colisión frontal no kilómetro 3 da estrada OU-0306, en San Critobo, Leiro.
O suceso consistiu nunha colisión frontal entre un Reanault 19, cuxo conductor tiña 80 anos e un Citroën C4. O octoxenario, veciño de Carballeda de Avia, circulaba como único ocupante, sin cinturón e resultou falecido a causa do impacto.
Os ocupantes do outro vehículo, conductor e pasaxeiro, resultaron ilesos.