A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades anunciou na xornada de onte a concesión do cambio de nome para o centro educativo do concello de San Amaro. O seu nome actual é o de Centro de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira. A nova denominación terá o nome de “Lansbricae”, o nome orixinal do Castro de San Cibrán de Las, unha xoia arquitectónica deste municipio.
Ademais, o centro educativo abre hoxe, día 1 de marzo, o prazo de admisión de matrículas para o vindeiro curso. Contan con transporte, comedor, aula matinal e actividades extraescolares.