Piñor abre a tempada de automobilismo coa primeira proba puntuable

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A tempada de automobilismo galega deu comezo esta fin de semana coa celebración do Rallysprint de Piñor, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A carreira, celebrada na súa totalidade na xornada do sábado 2 de marzo contou con 83 equipos na liña de saída en pleno corazón de Piñor, nun día marcado polas baixas temperaturas a choiva e a neve, que fixo acto de presenza en varios puntos do percorrido.

Antonio Fernández “Ventura”, copilotado polo asturiano Alberto González e no Mitsubishi Lancer Evo X R4, impúxose en tan só dous segundos a José Manuel Pazos “Mieres” e David Calvo, no Ford Fiesta R2.

O terceiro chanzo do podio foi para Adrián Campaña e Manuel Raido, que se quedaron a pouco máis de oito segundos dos vencedores.

A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i será no mes de maio, concretamente o sábado 18 en Silleda.