Termalismo contra a soidade do Concello de Piñor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Está dirixido a persoas de 50 anos en adiante que residan no Concello de Piñor, preferiblemente que vivan soas, e consiste en tratamentos balnearios terapéuticos, (sen estancia no establecemento).

Este programa vaise levar a cabo no Balneario das Caldas de Partovia, cunha duración de 7 meses dende o 9 de marzo de 2024.

O seu custo é de 280,00 €, dos cales a Deputación de Ourense asume 90,00 €, polo que o prezo final para cada persoa usuaria será de 190,00 € e pódese pagar en varios prazos.

Para recibir máis información e realizar a solicitude de participación poden dirixirse ós Servizos Sociais Municipais do Concello de Piñor ou a través do teléfono 988 40 32 36.