O Concello de Piñor, dende a Concellería de Cultura e Deporte, organízase para o vindeiro sábado 23 de marzo, a asistencia ó partido de baloncesto COB – Movistar Estudiantes, que terá lugar ás 19h no Pabellón de Deportes Paco Paz (Ourense).
Toda persoa interesada en participar debe comunicar a súa inscrición nos Servizos Sociais ata o 21 de marzo, que será totalmente gratuita e inclúe desprazamento en autobús dende o propio concello, ademais da entrada ó evento deportivo. As prazas son limitadas, admitindo por rigurosa orde de inscrición.
A saída está prevista para as 18:00h, e a volta para as 21:30h, algo que depende da duración do partido.
Animamos á poboación a participar, pasando unha tarde diferente e entretida a través do deporte, animando ó COB dende ben preto.
