O Polo de emprendemento organiza un foro sobre as oportunidades de remuda da marca Pan de Cea

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Con este evento preténdese abordar as dificultades da marca Pan de Cea para atopar relevo para os seus artesáns. A través de diversas actividades poñeranse en valor as oportunidades de remuda que hai neste sector, conectarase aos actuais artesáns coa nova xeración de panadeiros.

O programa será o seguinte:

10:00-10:15 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.

10:15-10:30 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño incidindo na bolsa de remuda de negocios.

10:30-11:00 h. Mesa coloquio: a marca do Pan de Cea como activador da dinamización territorial rural.

Participantes:

Carlos Rodríguez, presidente da IXP Pan de Cea.

Manuel Garea, docente do CIFP Vilamarín.

Sofía Gody, Aboamigalla.

Quenda de preguntas

11:00-11:40 h. Actividade de co-creación: espazo onde as persoas participantes e o alumnado poderán traballar conxuntamente e debater sobre distintas accións relacionadas coa marca.

11:40-12:00 h Exposición das conclusións de cada mesa de traballo e peche da xornada.

12:00 h Visita ao forno tradicional Aboamigalla e degustación.

O foro terá lugar o 13 de marzo, no Forno tradicional San Cristovo de Cea, Nave Aboamigalla (Polígono municipal de San Cristovo de Cea).

Anímate e participa!

INSCRICIÓNS: https://forms.gle/NK59vPBpxjbDpv2f6

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------