O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso repetirá a última entrega de “Kung Fu Panda”. Po, que se converterá no Mestre Espiritual do Val da Paz, busca o seu sucesor como o novo Guerreiro Dragón mentres loita contra un novo inimigo chamado “O Camaleón”. Poderase ver o venres ás 18;00 horas e o sábado e domingo ás 16:00 horas.
Despois dos acontecementos da primeira parte no planeta Arrakis, o mozo Paul Atreides únese á tribo Fremen e comeza unha viaxe espiritual e marcial para converterse nun mesías, mentres trata de evitar o horrible pero inevitable futuro do que foi testemuña: unha Guerra Santa no seu nome, que se estende por todo o universo coñecido… Poderase ver o venres ás 20:00 horas e o sábado e o domingo ás 17:45 horas e ás 20:45 horas.