Os vindeiros 30, 31 de maio e 1 e 2 de xuño celébrase en Silleda o Salón Turístico de Galicia, Turexpo, que inclúe Festur, Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia.
O Concello de San Cristovo de Cea participará con stand propio, e pon a disposición das empresas locais interesadas, un espazo para promocionar os seus servizos (hostelería, aloxamentos, productores locais, etc).
Consideramos importante a presenza neste salón, no que o ano pasado celebraronse mais de 2200 reunións de traballo (Bolsa de Contratación Turística), nas que máis de 140 empresas mostráronlle as súas propostas a 30 touroperadores de 12 países (Alemania, Arxentina, Australia, Brasil, Canadá, España, Estados Unidos, Francia, Italia, Portugal, Reuni Unido e Uruguay). Estas empresas buscaban específicamente propostas relacionadas co patrimonio cultural, Camiño de Santiago, enoturismo e gastronomia ou turismo accesible.
Se estás interesado en acudir, contacta con nós (672122300 ou cultura@concellodecea.com), para en base aos participantes, e con tempo suficiente adecuar o espazo dispoñible.
Compartimos fotografías do stand do ano pasado, da bolsa de contratación turistica e da propia feira.