En Boborás: convocatoria para contratación de 3 peóns/peoas de servizos múltiples

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS PARA A CONTRATACIÓN DE 3 PEÓNS/PEOAS DE SERVIZOS MÚLTIPLES, PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA PARCIAL MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 8 de marzo de 2024, aprobáronse as bases de selección para a contratación de persoal laboral temporal:

AVANTAR ACTIVIDADES
  1. Número e denominación das prazas: 3 traballadores/as para prestar o servizo como peóns/
    peoas de servizos múltiples.
  2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (30 horas semanais).
  3. Duración do contrato: doce meses
  4. Sistema de selección: concurso-oposición
  5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no Rexistro do Concello, de 8.00 a 14.30 h, ou
    por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles que contarán
    desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
  6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do
    público no Concello, na páxina web (www.boboras.gal), e na sede electrónica (https://boboras.se-delectronica.gal).