O Partido Galego renova os seus cargos de dirección e reforza a liña de actuación

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Partido Galego vén de celebrar o seu 1º Congreso Nacional no que elixiu nova Presidencia e Secretaría Xeral.

Tal como estaba previsto, o pleno do congreso do partido, aprobou por unanimidade a elección dos dous cargos máis representativos, a Presidencia que recaeu en Francisco Villanueva de Lugo e a Secretaría Xeral en Miguel Míguez de O Grove. Dúas persoas con moita bagaxe política, social e no mundo profesional; onde Francisco (Paco) desenvolve o seu labor no ámbito sanitario e Miguel no ámbito empresarial da acuicultura.

Tamén se aprobaron os membros permanentes do Consello Nacional en representación da militancia.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No pleno do Congreso do PG aprobáronse os documentos de Resolucións (12), Tese Política, Liña Estratéxica e Estatutos.

No ámbito das resolucións, cabe destacar a relacionada coa petición de celeridade para xestionar a transferencia das competencias do Estado para Galicia, ate completar as contempladas no Estatuto de Autonomía. Outras resolucións son a solicitude dunha alternativa viable e sostible ao proxecto de Altri na comarca da Ulloa, a transferencia da AP9, priorizar a construción do sistema ferroviario do Estado polo eixo atlántico (Portugal-Galicia-Euskadi-Francia), e outras.

Na clausura do acto participou o Senador do PNV, Luke Uribe-Etxebarría, quen trasladou a disposición deste partido a manter unha colaboración no traballo político, que se verá reforzada nos vindeiros meses. Participaron tamén en representación do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini) e en representación de Terra Galega. Bruno González.

No discurso de clausura o novo Secretario Xeral do PG, Miguel Míguez, expresou a intención de levar a cabo un intenso traballo orgánico para a expansión e implantación do PG no maior número posible de concellos, e a incorporación de activos políticos para a transformación e posta en práctica de boas políticas nas corporacións locais e no ámbito autonómico.

Para rematar, o SX lembrou que o Partido Galego defínese a si mesmo como un partido para a sociedade galega, democrático, participativo, plural, aconfesional e humanista, aberto ao progreso e a todos os movementos que redunden en beneficio do ser humano.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------