O eurodeputado Nicolás González Casares mantivo un encontro coa militancia ourensá para facer balance do traballo feito estes anos en todos os eidos, especialmente nos que supuxeron un avance para Galicia, e explicar a importancia de acadar un maior peso dentro do Partido dos Socialistas Europeos. Tamén abordou a relevancia das lexislacións que marcan o camiño para o resto do mundo e pediu o seu apoio á militancia.