O Novo Cine de Leiro estreará esta fin de semana “+Cuñados”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso ofrece un filme rodado en Galicia, en concreto na provincia de Ourense. Trátase de “+Cuñados”. Esta nova aventura dos cuñados comeza coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do acontecido hai uns días… Chega o Entroido e a familia do Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos da detención de Alicia Zamora e a súa parella portuguesa. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a forma perfecta de branquear os cartos antidisturbios que lles caeron do ceo (literalmente). A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués detido) en busca de vinganza complicará as cousas aos cuñados, meténdoos nunha nova lea que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Poderase ver o venres sábado e domingo ás 18:00 horas e ás 20:00 horas e o venres tamén ás 16:00 horas.